lundi 31 décembre 2007

DO.OR

(1)

a poesía é
para non dicir nada
as nadas que miran por nos facer mal
e eu quero as ser
por ter menos onde romper
con menos dor
e dar fe que os homes e o tempo
acaban máis con nós do que a morte
senón fose por amor
a poesía é
para non dicir nada
calar a boca
enchela de calquer líquido que sexa pouco veneno
e ver de alongar máis
a dor
con menos dor
procurar
a parte do marco que espeta en nós
e non linda con nada
a poesía é
superficie toda
para nos transmitir o coñecemento imperfecto das cousas
e non dar en ser
algo máis do que nós
a poesía é
acto ?
De non dicir nada
porque non podíamos
íansenos os ollos
contra o sol
memoria do fascinio
logo
toda consideración
como os días da noite arte
artificio da ruína
inxeniosidade da nada
error de primaveras
a poesía non é
hai poemas.